Gallego

Von Abordaxe (Galizien):

¡Ningunha fronteira, ningunha nación. Non ao CONEX15!

nobordernonationnoconnex_plakatUnha chamada contra a militarización das nosas vidas.

Do 16 ao 25 de setembro do 2015 en Basilea e no noroeste de Suíza desenvolverase un exercicio militar federal denominado CONEX15. Durante este exercicio, nalgúns puntos neurálxicos da cidade como a estación, as fronteiras ou o porto, poñerase en marcha un control militar real. O escenario sobre o que se basean estas manobras é o dunha situación dunha Europa post-crash na cal Suíza, única illa que evitou a crise mundial, debe protexerse contra todos e todas, especialmente contra os inmigrantes e os/ás inimigos/as internos/as.

Vir en setembro a Basilea e participar nas accións!

Ou ben auto-organizarvos, facer accións, pouco importa onde e como, contra aqueles que se enriquecen coas expulsións e a reclusión, contra as institucións e as empresas que constrúen a fortaleza Europa, que colaboran cos exércitos, etc.

O venres 18 de setembro, no contexto da resistencia contra este exercicio militar, desenvolverase a manifestación “Non ás fronteiras, Non ás nacións – Non ao CONEX“, a concentración é ás 19:00 h en Claraplatz (Basilea).

A continuación a chamada á manifestación:

Nin fronteiras nin nacións. Sabotemos CONEX15

As manobras das tropas do exército suízo, “CONEX15”, que se terán do 16 ao 25 de setembro no noroeste de Suíza, describen o escenario de ameaza deste modo:

“Nunha ficticia Europa do futuro, con terras e fronteiras diversas, domina a crise económica. As consecuencias repercuten tamén en Suíza: redución das reservas, comercio clandestino, organizacións criminais. Os grandes centros provistos de aceite, gas e cereais vólvense obxectivos da sabotaxe e os saqueos. Ademais, as tensións étnicas conducen a un aumento dos fluxos de refuxiados en Suíza. “

En Europa na actualidade, a crise económica empurra un número crecente de persoas á pobreza e as necesidades vitais máis esenciais non poden ser xa satisfeitas. Para millóns de persoas, existe só unha realidade: As carteiras baleiras e as batallas cotiás para poder manter nun modo ou outro a cabeza fóra da auga.

En Europa na actualidade como tamén en Suíza, as fronteiras están xa militarizadas. Os inmigrantes, que fuxen da guerra, da opresión e da miseria para tratar de encontrar unha vida mellor en Europa, deben facer fronte aos sistemas de protección das fronteiras, ven o camiño acordoado polos avións, drones, naves e a vixilancia por satélite. Todo é aínda máis grotesco en canto un se decata do xeito no cal os estados europeos están implicados na explotación e a “desestabilización” doutros países.

O que lles espera ás persoas que logran superar a perigosa entrada son os Lager (centro de detención) e os cárceres da Europa da democracia: unha vida baixo control e vixilancia, a merced das engranaxes das leis de asilo e expostas á ameaza continua de ser expulsados novamente.

Ao mesmo tempo, a lei do beneficio golpea as persoas que son explotadas como man de obra a baixo custo ou ben privadas da capacidade de autodeterminar a súa vida

Tamén en Suíza un gran número de empresas como por exemplo ORS, SECURITAS, etc… lúcranse coa xestión dos centros de detención, o control dos inmigrantes, etc…

As preguntas, os escenarios formulados nos cales se espera obter as respostas no cadro deste exercicio militar, son segundo nós os interrogantes dos gobernantes e dos que posúen o poder neste sistema capitalista e/ou que operan pola súa permanencia: é entregar as preguntas sobre o modo de como poder manter as posicións sociais e políticas do poder no mundo e póidanse asegurar as rendas do capital; o modo de convencer a xente para deixarse explotar cada vez máis; o modo de como impedir aos inmigrantes vir a Europa e a Suíza; e finalmente, o modo de como calar a quen loita contra todo isto ou aspira unicamente e simplemente á auto-emancipación.

As súas respostas son sempre as mesmas: reforzamento das leis, desenvolvemento do aparato represivo cos seus esbirros e as súas prisións e para cando sexa necesario, a utilización do exército.

As manobras militares CONEX15 son unha panorámica das estratexias e dos obxectivos dos que dominan e é un exemplo de como responden aos seus interrogantes.

É máis, trátase de saber que efecto psicolóxico terán estas manobras sobre a poboación: foi evocada coma se a ameaza viñese do “exterior” e ao mesmo tempo estudada como “debemos defender a democracia e a súa economía”. A militarización e a represión serían lexitimadas entón: a xente debe habituarse á presenza de soldados pola rúa e ao feito de que as persoas sexan recluídas en campos de concentración.

Nós non pedimos unha democracia máis directa ou un capitalismo máis xusto. Porque a democracia mesma é soamente unha forma de goberno que serve para controlar, para xestionar as persoas no sistema capitalista, para desanimar o pensamento individual e para actuar mentres se nos fai enganar pola co-xestión. A democracia, o estado-nación, o capitalismo, seguen a mesma lóxica: o servilismo e o control das persoas. Continuando con esta lóxica, as fronteiras, os campos de concentración, os cárceres e as expulsións continuarán existindo…

Non temos ningunha resposta acerca destas preguntas no interior desta orde social e este sistema. A nosa única resposta é a rabia contra este mundo cos seus muros e as súas fronteiras, e a solidariedade con todos aqueles que desaparecen nos campos de concentración e nos cárceres deste sistema, o cal non prevé un sitio para eles.

Por un mundo sen fronteiras nin nacións!

por un mundo sen Lager nin cárceres!

Bloqueemos e sabotemos CONEX15 e o réxime migratorio no seu conxunto!